Friday 19 de April de 2024

Barafunda achega un espectáculo de maxia ao público pobrense


O Cantón da Leña continúa albergando funcións de balde destinadas a público familiar e enmarcadas na programación do Verán Cultural. Así, no 10 de setembro, ás 19.30 horas, será a quenda de Barafunda co seu espectáculo Do maxín á realidade, onde a maxia é o fío condutor dunha viaxe que levará ao público ao mundo da imaxinación, onde todo, ou case todo, é posible.

As prazas cubriranse por orde de chegada ata cubri-la cabida. Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.